A Deputación celebra a primeira xornada de bibliotecas da provincia

O encontro celébrase o vindeiro 21 de novembro

A Biblioteca Provincial da Coruña organiza a I Xornada de Bibliotecas da Provincia. Será o vindeiro 21 de novembro no Pazo de Mariñán. O obxectivo é "crear un espazo de diálogo, formación e reflexión conxunta sobre os retos, fortalezas e necesidades actuais do sector bibliotecario". No programa, o escritor Pedro Feijoo achegará a súa experiencia sobre a creación literaria desde as bibliotecas. Javier Ruiz Astiz, coordinador do Máster en Museos, Arquivos e Bibliotecas da Universidade da Coruña, tratará sobre a formación universitaria en documentación. A xornada remata cunha mesa redonda sobre a realidade das bibliotecas municipais e diferentes espazos de traballo colaborativo entre profesionais.