Chega X Simposio o Libro e a Lectura

O futuro das bibliotecas centra o encontro que se celebrara o 14 de novembro

O futuro da biblioteca no entorno dixital é o lema co se que celebra, o vindeiro 14 de novembro, o X Simposio o Libro e a Lectura. A sede do Consello da Cultura en Compostela acolle a cita da Asociación Galega de Editores, na que se abordarán modelos de bibliotecas de éxito e as perspectivas destes espazos ante as novas tecnoloxías. O simposio contará coa presenza do Gerent de Biblioteques da Diputaciò de Barcelona e mais do escritor Suso de Toro, que fará unha intervención en defensa das bibliotecas públicas.

Programa do X Simposio o Libro e a Lectura.