O VIII Simposio O libro e a lectura centrarase na propiedade intelectual

O encontro celébrase os días 10 e o 11 de novembro na sede do Consello da Cultura

18/10/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A propiedade intelectual na sociedade dixital vai ser o eixe do VIII Simposio O libro e a lectura, que organiza a Asociación Galega de Editores en colaboración co Centro Español de Dereitos Reprográficos e mais co Consello da Cultura. As Tecnoloxías dixitais e o dereito á educación, o futuro da sociedades de xestión de dereitos ou a relación entre editores, escritores e bibliotecarios son algúns dos temas que se tratarán. O encontro celébrase os vindeiros 10 e 11 de novembro na sede do Consello da Cultura Galega, en Compostela.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lectura, Editores, Escritores, Educación...