A alfabetización en novas tecnoloxías abre A propiedade intelectual na sociedade dixital

O encontro que organiza a Asociación de Editores pódese seguir no web do Consello da Cultura

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

O Consello da Cultura acollía esta mañá a inauguración do simposio A propiedade intelectual na sociedade dixital, que organiza a Asociación Galega de Editores. O encontro, que se desenvolve entre hoxe e mañá, arrincou coa intervención de Manuel Area, profesor de tecnoloxía da Universidade de La Laguna, sobre a problemática da alfabetización dixital e dos novos materiais de aprendizaxe para a escola informatizada. As intervencións poden seguirse na rede a través do web do Consello da Cultura.

O debate continúa ao longo de hoxe centrado na propiedade intelectual na sociedade e ante a edición actual, e ao longo do día de mañá centrarase nas sociedades de xestión e nos dereitos de autor. Posteriormente, os días 14 e 15, celebraranse unha xornadas profesionais nas que se abordarán cuestións como as novas formas de negocio, a mercadotécnia en rede ou a experiencia nas redes sociais.

Aquí podes seguir en directo o evento:

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Tecnoloxía, Editores, Asociación Galega de Editores, Consello da Cultura Galega