A relación cos medios centra o XI Simposio O libro e a lectura

O Consello da Cultura Galega acolle mañá a cita anual da Asociación de Editores

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:

Catro mesas redondas abordarán a presenza da literatura nos medios de comunicación. A Asociación Galega de Editores celebra mañá na sede do Consello da Cultura Galega o XI Simposio O libro e a lectura. A cultura nos medios. O caso galego, O libro e a lectura na rede, O libro e a lectura na radio e na televisión e mais O libro e a lectura nos xornais son os títulos dos catro debates previstos. O encontro contará coa presenza de xornalistas como Manuel Gago, Camilo Franco, Xosé Manuel Pereiro, Montse Dopico, Carme Vidal, Ana Romaní, Henrique Sanfiz ou Xesús Fraga.

Que che parece esta nova?
64 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Editores, Consello da Cultura Galega, Ana Romaní, Xesús Fraga...