Os editores abordan o futuro da feiras do libro no seu simposio anual

O Consello da Cultura acolle hoxe o XII encontro O libro e a lectura

12/11/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: literaturasociedade
33 lecturas | Compartido 0 veces
Co lema O futuro das feiras do libro de Galicia abría esta mañá na sede do Consello da Cultura Galega o XII Simposio O libro e a lectura. O encontro anual da Asociación Galega de Editores abordará exemplos de iniciativas culturais de éxito como a semana do Libro en Catalán, a Praza dos Libros de carballo, o Salón do Libro de Pontevedra, o Culturgal ou a Semana da Música Infantil. Ademais, haberá unha mesa redonda con representantes de librarías e editoriais e unha mesa temática analizará as cuestións do espazo, os produtos e os públicos. A xornada rematará coa presentación dun compromiso de colaboración para 2016 entre a Federación de Librerías de Galicia, a Asociación Galega de Editores e a Asociación de Escritores en Lingua Galega.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego