Comeza en Santiago o Iº Simposio dos editores sobre o libro e a lectura

Pasado e futuro do libro

Numerosos profesionais da edición reuníronse hoxe no Consello da Cultura Galega para a inauguración do simposio sobre o libro e a lectura que nesta primeira edición xirará sobre o tema “ A historia da edición en Galicia: o libro galego e a lectura no século XXI”. O simposio, para o que se pretende un carácter anual, está organizado pola Asociación Galega de Editores – AGE – co patrocinio de CEDRO e a colaboración do Consello da Cultura Galega. Durante os dous días de duración pasarán pola súa mesa de charlas e conferencias, editores, escritores, estudosos e representantes de asociacións que intentarán dar entre todos resposta o tema principal, arroxando luz sobre o apartado histórico da edición e a lectura e sobre o seu futuro.

Maís información no Programa do Simposio