A lectura e as bibliotecas centrarán o terceiro simposio da Asociación de Editores Galegos

Querer ler e ter onde

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
A terceira edición do simposio O LIBRO E A LECTURA organizado polos editores galegos desde o ano 2004 reflexionará sobre a lectura e sobre a as bibliotecas. O foro, que un ano más celebrarase nas dependencias do Consello da Cultura Galega en Santiago, buscará un achegamento desde diferentes puntos de vista ao contexto bibliotecario, provocando reflexións e debates arredor da situación do sistema de bibliotecas públicas así como do estado da lectura e o seu fomento e animación. O simposio terá lugar os vindeiros 16 e 17 de novembro e, á espera de confirmar o seu programa, acudirán profesionais de Galicia e do resto do Estado, así como representantes de institucións públicas galegas e nacionais. A Asociación Galega de Editores presentará e publicará o programa definitivo e completo o vindeiro venres día 21.

Máis información na AGE

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Editores, Bibliotecas, Animación, AGE...