A Asociación de Editores organiza o IV Simposio O Libro e a Lectura

Mercado libro

18/10/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Co título “Libro e mercado”, a Asociación Galega de Editores prepara, para os vindeiros días 15 e 16 de novembro en Compostela, a IV Edición do Simposio o Libro e a Lectura. As actividades previstas comprenden seis conferencias e tres mesas redondas nas que se analizarán cuestións coma os libros máis vendidos, os intereses dos lectores, a visibilidade do libro galego ou as relacións entre literatura e mercado.

Máis información no web da AGE

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Editores, Lectura, Literatura, AGE...