Cultura implicará aos concellos nos seu plan de actuación sobre as bibliotecas

De libros e bibliotecas

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
“O noso obxectivo é converter as bibliotecas en mediadores entre os usuarios e as súas necesidades”, deste xeito explicaba Enrique Quintáns, xefe do Servizo do Libro, a súa intervención no III Simposio da Lectura e o Libro que organiza ata mañá a Asociación Galega de Editores. Quintáns debullou a dramática situación actual nesta materia e perfilou un plan de actuacións que cofinanciará cos concellos, no que pretende a implantación da biblioteca electrónica e un programa de formación (tanto de usuarios como de bibliotecarios). Iso si, cada proxecto estará adecuado ao seu contexto.

Máis información no web da Asociación Galega de Editores

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Bibliotecas, Editores, Asociación Galega de Editores