"O libro galego no mundo: presente e futuro" é o lema que marca o V Simposio do Libro e da Lectura. O evento, que ograniza a Asociación de Editores e mais o Centro Español de Dereitos Reprográficos (CEDRO), celebrarase os dÃas 13 e 14 de novembro na sede do Consello da Cultura en Compostela e ten aberto o prazo de inscrición. Entre os convidados haberá representantes das feiras de Frankfurt, Guadalajara e Boloña, do Instituto Ramón Llull catalán e de diferentes editoras, tanto galegas como foráneas. Os participantes analizarán as posibilidades de proxección exterior das nosas letras.