Os editores analizarán o libro electrónico no seu simposio

Celebrarase no Consello da Cultura os días 16 e 17 de novembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O libro electrónico, presente e futuro é o lema do VI Simposio da Asociación Galega de Editores. O encontro, que se celebrará na biblioteca do Consello da Cultura os vindeiros 16 e 17 de novembro, contará coa presenza de destacados especialistas internacionais neste campo, coma Luís Collado, responsable de Google Book España, Igancio Latasa, de Leer-e ou Denis Zwirn, do web francés Numilog. Entre outros temas, analizarase a situación desta tecnoloxía en Galicia e a nivel internacional, e revisaranse diferentes experiencias neste ámbito. Canda ás actividades abertas, os profesionais da edición poderán asistir ao seminario O libro dixital, que impartirá Javier Celaya na biblioteca do Consello da Cultura.

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Editores, Tecnoloxía, Google, Asociación Galega de Editores...