"Cando comezaron a saÃr os móbiles, escoitei as mesmas dúbidas do público que agora vexo cos libros electrónicos", explicaba esta maña Javier Celaya, fundador do web Dosdoce.com e un dos máis recoñecidos especialistas neste ámbito a nivel estatal. Celaya abrÃa esta mañá no Consello da Cultura Galega o VI Simposio o Libro e a Lectura, que a Asociación Galega de Editores lle dedica este ano ao libro dixital. Este especialista sinalou tamén que é optimista sobre o futuro do libro en papel e dos diferentes elementos da cadea de produción e distribución editorial, aÃnda que augurou grandes mudanzas neste campo.
Entre outras cuestións, para Celaya os editores han manter un contacto máis directo co público, realizarán venda directa e deberán traballar os seus clientes mediante redes sociais. Ao tempo, sinalou que se integrarán neste sector profesionais doutros ámbitos. A nivel de creación, asegurou que van xurdir novos creadores que realizarán literatura integramente dixital, aproveitando recursos multimedia e adaptados aos intereses dos lectores actuais.
Pola banda económica, asegurou que en pouco tempo os aparellos de lectura para libros electrónicos han baixar moito o seu prezo, e sinalou que, chegada certa altura, os editores e xornais han de agasallalos de xeito promocional. Ao tempo, avogou por unha futura integración da lectura nos teléfonos móbiles. De xeito relacionado, o descenso nos custes de produción repercutirá positivamente na retribución dos autores.
O simposio continúa hoxe e mañá no Consello da Cultura abordando temas coma a edición dixital a nivel internacional ou o libro dixital en Galicia, e complétanse os vindeiros luns e martes cun seminario para profesionais do mundo da edición en Galicia.