
O museo etnográfico de Loiro, en Barbadás, acolle as actividades da primeira xornada, que inclúen un concerto comentado de músicas de raÃz a cargo da Fundación Legar e outro a cargo de Neonymus. No dÃa 13, dj Dani Tamayo abrirá a sesión, seguido dunha sesión de xogos populares e un recital a cargo de Allo Negro. Regueifa Tour, un contacontos de UxÃa Morán e concertos de Lideira, Dj Triston e Vimbio a completar o programa.
O dÃa 19, as propostas trasládanse á Fundación Trasalba de Amoeiro, onde a narración oral de Anxo Moure iniciará as actividades. Para o 20 está prevista a presentación do facsÃmil da revista literaria A Bisbarra, desenvolvida por veciños da zona desde 1981. O autor de banda deseñada Cristian F. Caruncho presentará o seu traballo para seguir un concerto de Cinta Adhesiva e de Ulises en Trasalba. A edición fechará cunha sesión de arqueoastronomÃa realizada desde o Pazo.