Un documental repasa a historia do Castro de Trelle

Os Amigos do Patrimonio de Toén dan conta dos achados da primeira campaña arqueolóxica neste conxunto

3/1/2025 | Santiago. Redacción | Seccións: patrimoniohistoria
44 lecturas | Compartido 0 veces

Imaxe do vídeo O Castro de Trelle: historia, tradición e futuro

Co título O Castro de Trelle: historia, tradición e futuro, a asociación Amigos do Patrimonio de Toén acaba de subir ás redes un documental sobre este conxunto patrimonial. A filmación repasa, ao longo de 24 minutos, a historia, os achados e as interpretacións que en diferentes épocas se foron realizando encol do castro.

Canda a isto, a produción dá conta das investigacións e descubertas que se realizaron no conxunto na primeira campaña de escavación arqueolóxica que promoveu a entidade. No vídeo, profesionais do equipo de Árbore Arqueoloxía explican os seus métodos de traballo, achados e teorías sobre diferentes parte deste monumento, a sinalar cuestións como que ata hai poucas décadas as murallas do monumento ficaban á vista, e que boa parte da degradación do mesmo se debe á plantación de árbores no recinto.

Amigos do Patrimonio de Toén, nada en 2019, desenvolve un proxecto de "catalogación, posta en valor, sinalización e divulgación do rico patrimonio material e inmaterial que teñen estas terras, así coma un estudo e publicación da historia" da zona. Para esta campaña arqueolóxica contou con fondos Fondos Feader (Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural) da Unión Europea e coa colaboración da Comunidade de Montes de Man Comun Moreiras-Trelle da Asociación Porta da Cadea.

Universo culturagalega.gal

30/10/2013

Quiosco: Croa 23

A publicación do Castro de Viladonga achega diferentes artigos sobre o patrimonio do país

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Historia, Documental, Arqueoloxía, Unión Europea...