
Unha visita ao castro de San Millao (Cualedro) abre o programa o vindeiro 26 de xullo. O dÃa 27 desenvolverase un "obradoiro para crear un modelo de proceso comunitario sobre o patrimonio rural", con Sabah Walid e Juanjo Pulido; unha sesión sobre a olarÃa e o traballo das mulleres, con Catia Cardoso, e un contacontos de tradición oral con UxÃa Morán. Para o 28 un obradoiro de arqueoloxÃa experimental para "quitar bronce das pedras", con Aaron Lackinger e Beatriz Comendador, e outro de cestarÃa tradicional, co CDR Portas Abertas de Vilardevós e da man de Mª Dolores Alonso. O mercado de sabores e saberes locais e unha exposición participativa titulada Pola Verea completan o programa do dÃa.
Para setembro a programación inclúe unha introdución ao procesado artesanal da la, con Almudena Sánchez, e unha sesión sobre "as músicas das avoas" con veciñas de Feilas, Félix Castro e Héctor Salgado. Unha barferencia sobre o pasado nas pedras do Val do Támega, con Nieves Amado, VÃctor Muñiz, LucÃa RodrÃguez e Beatriz Comendador; unha observación de estrelas con Pablo MartÃnez e a inauguración exposición Mitos y Leyendas (de las Hurdes) compoñen as propostas para o dÃa 4. Na xornada de feche transcorrerá a sesión "Fitos no camiño ancestral. Que coñeces da VÃa da Prata?", con Carmen Pérez e Beatriz Comendador, e contos a cargo de Anxo Moure. As actividades teñen aforo limitado e cómpre inscrición previa para participar.