Moeche e Mesía acollen a primeira xeira do festival Reino de Galicia á escena

O encontro desenvólvese os días 5 e 12 de setembro co apoio da Deputación da Coruña

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Moeche e Mesía acollen a primeira xeira do festival Reino de Galicia á escena

A compañía teatral Galeatro abre a portas, este venres 5 de setembro, da primeira edición do festival Reino de Galicia á escena. Esta iniciativa histórico-teatral desenvolverase no castelo de Moeche ao longo desa xornada e no de Mesía o día 12, ao abeiro do III Certame Fondo de Proxectos Culturais Reino de Galicia que organiza a Deputación da Coruña.

O programa inclúe obras dramáticas, visitas teatralizadas e pezas audiovisuais. O historiador Hadrián García Pérez guiará o público visitantes polos recintos históricos que acollen as actividades con pequenas escenificacións sobre a propia traxectoria dos lugares e o xeito no que se vivía neles. A complementar estas, unha serie de pezas divulgativas poderán verse nas redes sociais de Galeatro a achegar aspectos históricos dos emprazamentos escollidos para esta primeira edición.

A estas proposta engádense representacións de Arte sen guión montaxe de Galego coproducida coa Cidade da Cultura e o Centro Dramático Galego. A obra pretende dar resposta a se existiu teatro medieval en galego a empregar as ferramentas de improvisación contemporánea. Alba Bermúdez, Tone García, Miguel Canalejo, Nacho Martín e Alba Nogueira encarnan un grupo de comediantes que representan os entremeses recompilados nun estraño códice da idade Media. Para encher as partes incompletas do mesmo, os actores e as actrices botarán man do público.

Que che parece esta nova?
105 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Reino de Galicia, Moeche, Deputación da Coruña, Castelo...