O Reino de Galicia cóntase na fin de semana

Novas webseries e webs divulgativas sobre o pasado medieval de Galicia

Novas webseries e webs divulgativas sobre o pasado medieval de Galicia
Continúa a publicación de proxectos vinculados á iniciativa do Fondo de Proxectos Culturais "Reino de Galicia" da Deputación da Coruña. Desta volta, esta semana iniciouse a webserie "Falemos do Reino de Galicia". Conducida polo medievalista Carlos Lixó e producida por Suseia, a serie entrevista a diferentes expertos e divulgadores que reflexionan ao redor da existencia do propio reino e as súas circunstancias ao longo do século. Na serie participan os medievalistas José Miguel Andrade, Miguel García Fernández, Anselmo López Carreira ou divulgadores comom Manuel Gago, entre outros. Ao tempo, tamén se publicou esta semana a Historia das Historias do Reino de Galicia, unha iniciativa coordinada por Israel Rei, que indaga na evolución da aproximación historiográfica, ao longo do tempo, á propia noción do Reino de Galicia, desde a Idade Moderna ata os nosos días. A través do acceso a fontes, entrevistas a destacados historiadores e escolmas, é posible coñecer como foi contado este reino de Galicia en fontes, publicacións e autores.

Os dous primeiros episodios de Falemos do reino de Galicia.