Publicadas as actas do congreso 'O reino medieval de Galicia'

A publicación pode descargarse de balde

18/9/2024 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: historia
15 lecturas | Compartido 0 veces

A Deputación da Coruña presentou onte no Museo do Pobo Galego as actas do Congreso 'O reino medieval de Galicia", que se celebrou nesa mesma institución en setembro de 2022. O libro de actas, que se pode descargar de balde desde o web do congreso, recolle as achegas dos relatores sobre a configuración e evolución do reino medieval ao redor de varias temáticas: historiografía, as diferentes etapas cronolóxicas do reino medieval, achegas á cultura e á arte e as xuntas do reino de Galicia no Antigo Réxime. No volume participaron boa parte dos investigadores con traxectoria na investigación sobre a historia medieval galega, entre os que destacan o coordinador do congreso e o volume, Anselmo López Carreira, canda historiadores como Xosé Carlos López Bernárdez, Mariña Bermúdez Veloso, Simon R. Doubleday, Xosé Miguel Andrade Cernadas ou Mercedes Brea, entre moitos outros.
Ligazóns externas

Universo culturagalega.gal

04/10/2010

O reino agochado

Pontevedra conmemora os 1600 anos de fundación do Reino Suevo de Galicia cun congreso internacional