
A retransmisión ao vivo verase desde a páxina web do evento, que nos días do Congreso centrará nunha pantalla única as diferentes relatorías, as proxeccións e a interpretación para as persoas xordas. Ademais, tamén se poderá participar de forma activa nos debates programados ao fin de cada sesión, achegando á sala compostelá calquera comentario ou dúbida sobre as palestras que estean a decorrer. Deste xeito amplíanse as posibilidades de asistencia, dado o interese que suscitou o evento, que esgotou todas as prazas en cada unha das sesións logo de abrírense as inscricións. Congreso está organizado pola Área de Cultura da Deputación provincial da Coruña, o historiador Anselmo López Carreira é responsable científico do mesmo mentres que a dirección técnica corre a cargo de Xosé Lois Vázquez. A conferencia inaugural correrá a cargo de Jaume Sobrequés, da Universidade Autónoma de Barcelona, e terá o título "Historiografía catalana versus historiografía española: un exemplo historiográfico alternativo".