Pouca xente coñece que o primeiro reino da Europa medieval naceu en Galicia no ano 410, e que o primeiro rei galego chamouse Ermric, ou Hermerico. Os suevos, chegados de Alemaña, instaláronse en Galicia e o seu reino durou 175 anos, antes de seren derrotados polos visigodos. Esa derrota tivo unha importante consecuencia que chegou ata hoxe: ser os grandes esquecidos na nosa propia Historia. Un Congreso Internacional reúne toda esta semana en Pontevedra a destacados expertos na época para reivindicar a súa importancia histórica, 1600 despois de fundaren o seu reino en Galicia.
Todas as cousas que logo sucederían nos reinos xermánicos formados trala caída de Roma, coma os visigodos ou os francos,, afirma Francisco Padín, aconteceron antes aquí, en Galicia. Institucións como a monarquía hereditaria ou o estreito vínculo entre a igrexa e a monarquía a través dos concilios. Padín é arqueólogo, profesor de secundaria, e membro da comisión organizadora dun congreso orixinal, 1600 anos do Reino de Galicia, que se celebrará en Pontevedra desde hoxe e ata o venres 8 de outubro. Con dez conferencias marco impartidas por destacados especialistas de diferentes universidades galegas, españolas e europeas e un panel de comunicacións, este evento será o primeiro acto de investigación centrado monograficamente nun dos períodos máis descoñecidos da Historia galega pero que deixou unha importante pegada no país.
Calcúlase que o continxente suevo que entrou en Galicia coincidindo coa febleza do Imperio romano non eran máis de 30.000 persoas, aínda que descoñecemos en que medida foi unha auténtica migración de familias armadas ou un corpo expedicionario á usanza clásica. A súa entrada en Galicia, ao redor de 410 ou 411, non foi doada. Envoltos en guerras con outros pobos xermánicos que entraron en Hispania, coma os vándalos ou os alanos, o seu asentamento concentrouse nas áreas das antigas cidades romanas, que seguían funcionando como centros de poder: Lucus Augusti (Lugo) e Bracara Augusta (Braga); posteriormente, fundarían corte e capital do reino tamén en Tui, nunha manobra de equilibrio político entre as dúas partes de Galicia.
As dúas principais fontes que temos para coñecer a súa Historia ofrecen dúas versións diferentes que incrementan a súa confusión. O historiador Paulo Orosio relata que os suevos deixaron as armas para coller os arados, e que os labregos preferiron irse cos suevos porque así non pagaban impostos. A fiscalidade romana do século V debía ser atafegante. Pola contra, Idacio, bispo de Chaves e un importante membro da aristocracia galaicorromana, pintou un panorama moito máis conflitivo. No relato de Idacio, tras unhas décadas de convivencia, saltaron as tensións entre suevos e galegos. Mentres que os suevos deron sometido ás cidades, as poboacións campesiñas pareceron aproveitarse das antigas infraestruturas defensivas dos castros para opoñer resistencia e obrigar aos suevos a renegociar as condicións da súa instalación. Se cadra as dúas versións relaten uns feitos vistos desde ópticas e intereses distintos.
Neste caso dos suevos, a carencia de fontes, asegura Francisco Padín, sempre provocou unha Historia de Galicia un tanto sesgada. Para Padín, a clave do silencio está nunha ollada subsidiada: O reino suevo son 175 anos da Historia deste país que non aparecen en ningures. Sempre están subsidiados á historia dos visigodos e outros bárbaros, pendentes do que digan de nós. Un coñecido historiador francés describiuno do seguinte xeito: se os suevos non existirán, nada na Historia tería cambiado. Iso é terrible. Nós queremos escapar diso, pór algo enfronte. Segundo Padín, non é tanto procurar unha identidade, senón que debemos entender que esa Historia é importante e debe ser contada como as demais. Nós temos unha Historia que queremos contar de xeito distinto.
A arqueoloxía como clave
Segundo a organización, un dos puntos fortes do Congreso é a arqueoloxía e as súas achegas para comprender un periodo que non se caracteriza por deixar monumentos notables. Jorge López Quiroga, profesor de Arqueoloxía na Universidade autónoma de Madrid, indica Padín, axudounos moito a coñecer quen son os suevos antes de chegar aquí, como era a súa cultura material cando vivían alén do Rhin. A través da arqueoloxía, procúrase saber cal era o mecanismo de relación entre a poboación local e os bárbaros recén chegados, e como se produce a convivencia, mesmo en aspectos tan relevantes como a relixión, e a relación entre o paganismo e o cristianismo na época.
O Reino suevo, un punto de partida
Para Padín, a figura clave do periodo é San Martiño de Dumio, bispo de Dumio e Braga, que foi capaz de facer casar o poder político co relixioso mercé á súa estreita relación co rei Teodomiro, na segunda metade do século VI. Ese momento é clave para entender moitas das cousas que pasan na Idade Media galega, afirma Padín, como a estensión do monacato e o xurdimento dos primeiros conventos. É unha idea que viría de Oriente, pero a ninguén se lle escapa a importancia que tiveron os mosteiros na Historia medieval galega. San Martiño de Dumio sería coñecido por un valioso texto que escribiu titulado De correctione rusticorum, no que a partir da descalificación dos rituais paganos practicados no campo galego, nos permite coñecer algo do universo de antiquísimas crenzas que existía en Galicia a esas alturas.
No congreso participarán especialistas como Luis Agustín García Moreno, Pablo Díaz Martínez, Xoán Bernárdez Villar, Anselmo López Carreira, Álvaro Rodríguez Resino ou Michel Kazanski, entre outros. Cando remate o congreso, haberá algo de nova luz sobre un periodo tan descoñecido como decisivo para a Historia de Galicia.