Edítanse en CD as Actas das Xuntas do Antigo Reino de Galicia

Incunables en CD

Os investigadores da Historia de Galicia teñen desde onte novas fontes de datos. Veñen de editarse os volumes VIII e IX das Actas das Xuntas do Reino de Galicia e a edición en CD-Rom dos cinco primeiros tomos destas actas, que recollen as decisións tomadas polas diferentes Juntas do noso país desde a baixa Idade Media.

Investigación continuada




Os volumes presentados conteñen as actas das xuntanzas das diferentes Xuntas do Reino de Galicia, órgano de goberno no que estaban representadas as diferentes localidades do país.

A compilación destes volumes vense realizando desde 1995 baixo a dirección do catedrático en Historia Antonio Eiras Roel, que tamén se encarga da edición.
Segundo este investigador, o traballo que está a realizar supón "a edición máis completa das recompilacións de actas" que se teña feito no Estado Español.








As últimas actas




O material que se presentou onte consiste na versión en CD-Rom dos cinco primeiro volumes de actas xa publicados con anterioridade ademais dos volumes VIII e IX en formato libro.

Os novos volumes conteñen as actas das Xuntas do Reino de Galicia de entre os anos 1666 e 1679, baixo a rexencia de Carlos II e o mandato de Xoan Xosé de Austria. Cada volume, que comprende unhas mil cen páxinas, inclúe unha transcripción directa das actas que ocupa arredor do sesenta por cento das páxinas. O resto do tomo corresponde a documentación complementaria elaborada polo equipo de investigación.
Os dous volumes conteñen senllas instroduccións históricas nas que se analiza a situación política da época e se sitúan en contexto a elaboración das actas.