A Deputación da Coruña presenta unha nova edición do Fondo de proxectos do Reino de Galicia

O novo fondo ten unha dotación de 200.000 euros

A Deputación da Coruña convoca a segunda edición do Fondo de Proxectos Culturais Reino de Galicia 2023. O fondo ten por obxectivo "a realización de proxectos de carácter cultural que contribúan ao coñecemento e divulgación do Reino medieval de Galicia". Entre estes proxectos, como na edición anterior, estarían libros, discos, publicacións divulgativas ou audiovisuais, "centrados na historia do Reino de galicia ou en aspectos particulares vinculados a este". Na convocatoria poderán presentarse proxectos que se vaian a desenvolver desde o 1 de xaneiro de 2023 ata o 31 de marzo de 2024. Concederanse vinte premios por un importante máximo de 10.000€ máximo. O anuncio da nova convocatoria coincide co anuncio da presentación dalgúns dos últimos proxectos executados na convocatoria anterior, como o proxecto que leva á banda deseñada a obra O reiciño de Galicia de Víctor Hugo, elaborado por Demo Editorial, que combina unha banda deseñada sobre a historia cun documental sobre a historia. O proxecto tamén conta cunha unidade didáctica descargable.