A Deputación da Coruña convoca unha nova edición do Fondo de Proxectos Culturais Reino de Galicia

O prazo remata o 11 de febreiro de 2025

| Santiago. Redacción | Seccións: Políticas Culturais
Compartir:

A Área de Cultura da Deputación da Coruña convocou unha nova edición do Fondo de Proxectos Culturais Reino de Galicia mantendo a dotación dos dous anteriores, 200.000 euros, aínda que modificando os criterios, e cun total de quince proxectos que se poden premiar. Desta volta, estableceranse tres niveis de dotación: "20.000 euros para cada un dos tres mellor puntuados, 14.000 euros para os cinco seguintes e 10.000 euros para os sete restantes". A deputación sinala que nesta terceira edición o certame centrarase en dous ámbitos de contido: "o primeiro, os proxectos centrados na posta en valor patrimonial, turístico e socioeducativo do pasado medieval de lugares, vilas e cidades da provincia da Coruña, a través da actualización do seu relato histórico contextualizado no marco do Reino de Galicia; o segundo, os proxectos centrados na difusión e posta en valor de figuras concretas do noso pasado medieval". O prazo de presentación de proxectos comeza o 10 de xaneiro e remata o 11 de febreiro.

Que che parece esta nova?
78 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Reino de Galicia, Deputación da Coruña, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)