O web Entrecómics desenvolve unha serie de exhaustivas entrevistas a autores galegos baixo o epígrafe "Galicia, reino de viñetas"

Reino de cadriños

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Longas entrevistas cun lote de autores do noso país a comentar a súa visión sobre o panorama galego e estatal e os seus proxectos conforman "Galicia reino de viñetas". Con este nome, o coñecido web Entrecómics inicia o seu primeiro ciclo de reportaxes, o que nos pode dar unha idea da importancia que a nosa BD está a acadar no conxunto do Estado. David Rubín, Kike Benlloch, Miguel Porto, Carlos Portela ou Tirso Cons son algúns dos que xa pasaron por alí, e a serie continúa.

Máis información no web de Entrecómics

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carlos Portela, Miguel Porto, Kike Benlloch, David Rubín