Polaqia publica “Chu chu”, unha obra de Kike Benlloch sobre o tren en Galicia

O tren en BD

12/12/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
“Unha carta aberta ilustrada, unha columna de opinión persoal e intransferible, debuxada en vez de escrita”. Así define Kike Benlloch “Chu chu” a obra que acaba de publicar, con versión en galego e castelán, da man do colectivo Polaqia. Cunha ollada irónica sobre o mundo do tren en Galicia, o autor achéganos unha obra escrita e debuxada por el mesmo coa que quere reflexionar sobre a problemática deste transporte. A obra, que chegará ás librarías este mesmo mes, conta con 28 páxinas en branco e negro e sairá á venda por 1, 50€.

Olla a portada. Máis información na ficha do autor e en Entrecómics

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Kike Benlloch, Polaqia, Culturagalega

Claves

Protagonistas