Edicións De Ponent publicará o vindeiro mes "Capital", un álbum no que Kike Benlloch guioniza sete debuxantes galegos

Capital no poñente

22/6/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
A firma valenciana Edicions De Ponent publicará no mes de xullo "Capital", un volume que recolle historias de diferentes autores galegos. Sobre un guión de Kike Benlloch, os debuxantes David Rubín, Diego Blanco, Álvaro López, Fonso, Jandro Xesteira e mais Hugo e Sergio Covelo completan unha historia composta por un prólogo e catorce capítulos. Dez destes capítulos, que enchen en total cento seis páxinas en branco e negro, xa foran publicados previamente no fanzine "Barsowia", e os outros cinco, incluíndo os finais, son inéditos. A obra publícase en "Solysombra", a mesma colección en que xa aparecera "Freda", asinado por Benlloch e Alberto Vázquez.

Entrevista a Kike Benlloch no Faro das Culturas (en pdf); no web de De Ponent; a nosa ficha de Kike Benlloch

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Kike Benlloch, Diego Blanco, David Rubín, Álvaro López...