A obra Sigmund Freud en: El niño que no tenía manos do debuxante boirense Brais Rodríguez resultou gañadora do 9º certame de cómic de Cangas, na súa modalidade para maiores de 18 anos. Segundo o autor, esta obra céntrase nunha pequena historia acontecida ó final da biografía de Freud, mesturada cunha experiencia ficticia na que coñece a peculiar relación dun neno sen mans coa sua nai. Kike Benlloch e Sergio Covelo foron os gañadores do segundo premio e Álvaro López gañou o terceiro. Na modalidade xuvenil, a gañadora foi Carla Piñeiro pola súa obra Segunda oportunidade. Os traballos estarán expostos no Auditorio Municipal de Cangas durante o Salón do Cómic que se celebrará entre o 16 e o 22 de xullo.
Ficha de Brais Rodríguez. Podes ler o seu cómic gañador na nosa sala de lectura. Fichas de Kike Benlloch, Sergio Covelo e Álvaro López