Unha mostra en Vigo permitirá ver os traballos de Hugo e de Sergio Covelo mentre Jaime Asensi expón en Pontevedra

Cadriños con marco

3/2/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
A cafetaría Universitas, no Campus Universitario de Vigo, acolle desde hoxe e ata o final do mes unha mostra na que se pode contemplar unha selección de traballos dos irmáns Hugo e Sergio Covelo no campo da banda deseñada. Algo máis ao Norte, na Galería Sargadelos de Pontevedra poderá verse, a partir do vindeiro día once, unha exposición do proceso de traballo de Jaime Asensi para o seu álbum “Ubú Rey”, ademais doutros traballos deste autor. A mostra permanecerá aberta ata o catro de marzo.

Máis información sobre a mostra dos irmáns Covelo en La Voz de Galicia; a mostra de Jaime Asensi en Galicia Hoxe; as fichas de Hugo Covelo, de Sergio Covelo e de Jaime Asensi no noso soportal; máis sobre ”Ubú Rey”

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Culturagalega, Vigo, Pontevedra, Galería...