Jaime Asensi autoedita unha aventura que ten como protagonistas criaturas fantásticas

Lobishome e paxaro

27/6/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
"Hombre lobo y pajarito" é o título da proposta que acaba de autoeditarse Jaime Asensi. A aventura, segundo o autor "é unha historia de moitas páxinas", aínda sen fechar, e polo momento está a se distribuír o primeiro capítulo. O formato é un cómic-book en branco e negro de 24 páxinas que se poderá adquirir en librarías do noso país por catro euros. O autor ten previsto publicar un segundo volume desta serie, e non descara a posibilidade de continuala posteriormente. A historia está protagonizada por un lobishome vexetariano e un paxaro, e o autor adianta que van aparecendo outros personaxes fantásticos coma un vampiro ou un dragón. "É unha historia de aventuras e de amizade", resume Asensi.

Máis información, portada e páxinas da historia na ficha do autor; ficha da publicación

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Culturagalega, Cómic

Claves

Entidades
Conceptos