A piques de sair o sétimo número de "Barsowia", que recolle traballos de dezanove autores

Chegando a Barsowia

12/1/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
O número sete de "Barsowia" abre o fogo da publicación de BD deste 2006 a apostar forte. Tras unha espectacular capa de Diego Blanco, a publicación do colectivo Polaqia presenta obras orixinais de dezanove autores, entre os que se encontran, canda aos galegos, dous franceses, dous portugueses, un estadounidense e mais unha creadora alemá. Nomes xa habituais coma Benlloch, Craneo, Rubín ou os irmáns Covelo comparten páxinas con Devaud, Bonfiglio ou Monteiro. En total, sesenta e oito páxinas en branco e negro por tres euros que se poderán adquirir nos puntos de venda habituais a partir dos últimos días de xaneiro.

Máis información no web de Polaqia e na ficha da publicación

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Barsowia, Polaqia, Diego Blanco, Culturagalega

Claves

Protagonistas