Dolmen publicará un volume en español co mellor da revista "Barsowia"

Barsowia total

O vindeiro mes de xullo a editorial balear Dolmen publicará, dentro da Colección Dominó, un volume que recolle boa parte do traballo que se publicou no fanzine "Barsowia". Será un tomo en castelán de máis de duascentas páxinas no que se poderá ler unha escolma do material que apareceu nos sete números da publicación do colectivo Polaqia, canda a unha ampla achega de material inédito. A portada estará realizada polo ourensán Miguel Robledo, que participa así na celebración dos cinco anos de existencia do colectivo Polaqia.

Máis información na Ficha de Barsowia