O colectivo de autores Polaqia abre unha colección de novelas gráficas e outra de libros de arte

Polaqia rompe o xeo

“Pinche Mundo”, a anunciada novela gráfica de Kike Benlloch e Diego Blanco é o primeiro dos títulos da “Colección Rompehielos”, coa que o colectivo Polaqia se interna na edición de novelas gráficas en castelán. Ao tempo, este grupo de autores presenta, no vindeiro “Viñetas desde o Atlántico”, o primeiro dos seus libros de arte, o Sketchbook nº1 no que se poden ver obras de Miguel Robledo. Por se fose pouco, no posto 22 do festival, poderá mercarse o número dez do fanzine “Barsowia”, que conta con colaboracións coma Esteban Hernández, Carlos Vermut, David Rubín, Sergio Covelo, Miguel Robledo, Kohell ou Carlos Portela. A presentación de todas estas novidades será o martes 14 ás 18:35.

Máis información na
ficha de Pinche Mundo, na ficha do Sketchbook e na ficha de Barsowia; máis sobre Viñetas nos nosos arquivos