Diego Blanco ilustra a novela gráfica "Pinche Mundo" con Kike Benlloch e prepara o segundo número de "Cuentos de la Tierra Baldía"

Pinche Mundo e outros Diegos

27/6/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
En Viñetas desde o Atlántico verá a luz da man de Polaqia a novela gráfica "Pinche Mundo", un proxecto de 80 páxinas con guión de Kike Benlloch e deseños de Diego Blanco que abre unha nova colección de álbumes en castelán dentro do colectivo. Este último autor, ademais, está a ultimar "Bolas de carne", que será o segundo volume da serie "Cuentos de la Tierra Baldía" que tamén publica o grupo coruñés e que verá a luz con posterioridade ao festival. Blanco anuncia ao tempo vindeiras actualizacións do seu traballo coma ilustrador no web Ediciones Ultralimitadas.

Máis información na ficha do autor na neste tema do día e en Ediciones Ultralimitadas

Que che parece esta nova?
71 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Kike Benlloch, Diego Blanco, Culturagalega, Viñetas desde o Atlántico...