Sae á rúa o quinto número da publicación regular do colectivo Polaqia coa presenza de autores internacionais

Barsowia con flores

18/5/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Cunha orientación nidiamente primaveral e un bo número de historias sobre o amor, chega ás librarías o quinto número de “Barsowia”, a publicación do colectivo Polaqia. Desta volta, colaboran na revista, canda aos xa habituais Kike Benlloch, Diego Blanco, Hugo Covelo e David Rubín, os franceses Louis Bertrand Duvaud, Bruno Rouanet e Adrien Bouss, o americano Michael Bonfiglio e os coruñeses Javi Montes e Andrea López. Outros nomes xa coñecidos destas páxinas, coma Miguel Porto, Brais Rodríguez e Ken Niimura participan tamén nesta nova edición que ten cincuenta e seis páxinas e custa dous euros e medio.

Máis información no web de Polaqia; descarga a portada como fondo de escritoriono noso soportal

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Polaqia, Barsowia, Diego Blanco, Brais Rodríguez...