Polaqia presenta as súas novidades para agosto

Pictodiario de Urbanoscar, Barsowia 15 e o sketchbook de José Domingo sairán á venda o vindeiro mes

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Capa de Pictodiario, de Urbanoscar

Capa de Pictodiario, de Urbanoscar

O colectivo Polaqia acaba de presentar as súas novidades para o vindeiro mes de agosto. Entre elas está número 15 de Barsowia, que conta con colaboracións de autores como David Rubín, Manuel Cráneo, Martín Romero, Dylan Horrocks, Hugo Covelo, Kike Benlloch ou Brais Rodríguez entre outros. Canda a isto, preséntase o cuarto número da colección de sketchbooks, dedicado nesta ocasión a José Domingo. Finalmente, a asociación publica Pictodiario, primeira obra de Urbanoscar que recompila as historias curtas publicadas no blog do mesmo nome.

Que che parece esta nova?
102 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Polaqia, Barsowia, Manuel Cráneo, Brais Rodríguez...