O colectiva Polaqia presenta o novo número de Barsowia con máis páxinas e autores

Barsowia 11

4/4/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

A feira do Proxecto-Edición será esta fin de semana a estrea do número 11 do fanzine “Barsowia”, que publica o colectivo galego de autores Polaqia. O novo lanzamento supón un récord en canto a número de páxinas, máis de cen, e achega un nutrido feixe de autores entre os que se inclúen Miquel Rof, Luís Bustos, Jorge García ou David Soares para alén dos habituais membros do colectivo e outros colaboradores. O vindeiro martes oito de abril, ás doce e media da mañá, a FNAC da Coruña acollerá un encontro cos autores David Rubín e Brais Rodríguez, e o sábado 12 a libraría Alita Cómics do Orzán acollerá a festa de presentación do novo número. O colectivo aproveita o lanzamento para indicar que David Rubín pasa a ser o seu novo presidente mentres Xosé Domingo se encarga a partir de agora de coordinar esta publicación.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Barsowia, Polaqia, David Rubín, Brais Rodríguez...