Polaqia adianta os seus lanzamentos para o Saló de Còmic

As novidades consisten nun novo número de Barsowia e El Corazón de los Árboles

5/5/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

O multipremiado fanzine Barsowia chega ao seu número 13 con ocasión do vindeiro Saló del Còmic de Barcelona. En total serán 108 páxinas que reúnen o traballo de vinta e sete autores. A capa vai a cargo de Álvaro López, que finaliza nesta entrega a súa serie Habitación 13. Canda a el, atopamos historias de Manel Cráneo, Kike Benlloch, Hugo Covelo, Michael Bonfiglio, Ana Santiso, Frank Arbelo, Dustin Harbin, Xurxo Penalta ou David Rubín entre outros. Ao tempo, o colectivo coruñés Polaqia presenta na cita barcelonesa unha nova entrega da súa Colección Rompehielos. El Corazón de los Árboles é o título da escolma de historias curtas de Miguel B. Núñez, recoñecido autor do panorama estatal que achega oitenta páxinas de historias repletas de imaxinación e sorpresas.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Polaqia, Barsowia, Álvaro López, Ana Santiso...