A editora valenciana Edicións De Ponent acaba de pór na rúa os mil exemplares da edición de "Ubú Rey", a adaptación da celebérrima obra de teatro de Alfred Jarry que realizou o compostelán Jaime Asensi. A obra, que está a contar cunha aceptación positiva entre a crÃtica, xa foi puntuada con tres estrelas sobre cinco no web planetacomic.com. Desde a editora apuntaron tamén que se percibe unha grande expectación polo álbum entre interesados no teatro e aseguran ter vendida xa a cuarta parte da edición. Segundo adianta Asensi, as Xornadas de Ourense acollerán o vindeiro mes de outubro a presentación do álbum e posibelmente unha mostra na que se poderá ver o proceso de creación da obra. Para decembro será a GalerÃa Sargadelos de Pontevedra a que acolla esta exposición e a correspondente presentación deste novo volume. Asensi asegura que, polo momento, non pretende abordar novos proxectos no campo da banda deseñada.
Máis información no web de Edicións De Ponent ; a obra en Planetacomic.com; a nosa ficha de Jaime Asensi