O ilustrador Jaime Asensi (VilagarcÃa, 1957) prepara un álbum de BD para a firma alacantina Edicions de Ponent. Titulado "Ubu Rex", reflexiona arredor do poder e baséase na obra teatral homónima de Alfred Jarry. Sairá na colección "Solysombra" e o editor agarda poder presentala no vindeiro "Viñetas desde o Atlántico" (agosto de 2004). Asensi, que tiña colaborado puntualmente nos fanzines "Amigos del cómic" e "Sable", na revista "Golfiño" e no "Diario de Arousa", levaba moitos anos coa idea de realizar esta adaptación. O autor recoñece que cansou de probar sorte cos editores galegos e que Internet foi un medio fundamental para contactar con diversas compañÃas de fóra de Galicia. Asensi non é o único autor galego que publica ultimamente os seus traballos no mercado español, xa que a revista "Tos" ven editando historias curtas de Jano e Alberto Vázquez. Ademais, o primeiro participa, xunto con autores como Max ou FermÃn SolÃs, no ábum colectivo "Tapa Roja" (ed.Sinsentido, xaneiro de 2004), coordenado por Jesús Cuadrado.
Ademais, Susana Broullón, de Cangas, foi finalista no VIII Concurso de Igualada con esta historia
Ademais, Susana Broullón, de Cangas, foi finalista no VIII Concurso de Igualada con esta historia