Falece o pintor e autor de BD Jaime Asensi

Nacera en 1957 en Vilagarcía e asinou diferentes adaptacións aos cadriños de obras literarias

Nacera en 1957 en Vilagarcía e asinou diferentes adaptacións aos cadriños de obras literarias
Jaime Asensi. Fonte: AGPI
Este 21 de febreiro falecía en Vilagarcía de Arousa Jaime Asensi. O pintor, ilustrador, deseñador gráfico e autor de banda deseñada tiña 67 anos de idade e nacera, en 1957, na mesma localidade. Desde comezos dos 2000 desenvolveu un importante labor no ámbito dos cadriños, con publicacións monográficas en editoras de ámbito estatal.

Neste campo destacaron as súas adaptacións de obras literarias, con títulos como Ubu Rey, de Alfred Jarris (2004), Fragmentos de apocalipse de Torrente Ballester (2010), Pic-Nic de Fernando Arrabal (2011), El fugitivo, de Ramón J. Sender (2012) e La casa de la Troya, de Pérez Lugín (2018). Ademais, participou de publicacións como a revista Golfiño e lanzou obras autoeditadas.

Para alén do seu traballo neste campo, realizou numerosas ilustracións para libros en editoriais como Xerais, con títulos como Vanesa non quere ser princesa, de Xosé Antonio Perozo (2004), Tom e Mix, os cabalos de Clara, de Francisco López-Barxas (2009), Monadas, de Luce Moreau-Arrabal ou unha biografía de Valentín Paz Andrade.

Tamén Participou tamén da directiva da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración e asinou o cartel do Día da Ilustración de 2016. A entidade, ao igual que diferentes persoas do sector da cultura do país expresaron a súa condolencias polo pasamento.