Catro autores galegos son galardonados no certame de banda deseñada do Injuve

Polaqia conquista o Injuve

2/8/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Os premios anuais concedidos polo Instituto da Xuventude do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais de novo recoñecen a banda deseñada feita por autores galegos. Diego Blanco, Roque Romero e Brais Rodríguez recibiron cadanseu accésit cun importe de seiscentos euros, en canto David Rubín mereceu un dos catro premios principais, que levan tres mil euros cada un. O certame do Injuve non é un concurso ao uso, xa que non solicita obras inéditas nin dunha extensión determinada. Premia un dossier de historietas breves, o traballo realizado por creadores menores de 30 anos ao longo do último ano. Os catro autores premiados son membros do colectivo Polaqia e contribúen ao volume colectivo "Barsowia en llamas" que sae este verán.

Listaxe completa no web do Injuve; nas fichas de David Rubín, Brais Rodríguez, Roque Romero e Diego Blanco.

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Injuve, Culturagalega, Diego Blanco, Banda deseñada...