A nova convocatoria do Injuve premia dous autores galegos

Dous accésits no Injuve 03

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
A edición de 2003 dos premios do Instituto da Xuventude (Injuve) para obras de banda deseñada e ilustración acaba de galardoar traballos do lucense Alberto Guitián e do coruñés Bernal Prieto. Guitián, que agora traballa desde Barcelona, mereceu un accésit na categoría de banda deseñada dotado con seiscentos euros gracias á súa obra “Loop”, unha historia de seis páxinas que tiña visto a luz no número catro da revista BD Banda. Idéntico importe en metálico recibirá Bernal por un accésit na modalidade de ilustración. O deseñador coruñés, que estuda Belas Artes en Pontevedra, foi seleccionado gracias a un dossier ecléctico, formado por debuxos a cor de “A illa do tesouro”, inspirados no clásico de R.L.Stevenson, unha baralla de cartas protagonizada por personaxes do xénero “pulp” e polo proxecto de ilustración infantil “Un problema de espacio”.

Coñece no noso soportal BD traballos anteriores de Guitián e Bernal.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Injuve, Banda deseñada, Culturagalega, Alberto Guitián...