Un accésit para Miguel Porto en BD e dous máis para Diego Blanco e Carlos Arrojo en ilustración marcan a presenza galega no certame do INJUVE

INXUVE 05

27/10/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
A edición 2005 do certame que Instituto da Xuventude de España (INJUVE) dedica á ilustración e mais á banda deseñada amosa a puxanza dos autores galegos. O vigués Miguel Porto, colaborador habitual de “BD Banda” e de “Barsowia”, fíxose cun accésit na categoría de BD. Pola banda de ilustración foron os tamén autores de novena arte e habituais colaboradores de “Barsowia” Diego Blanco e Carlos Arrojo os que se fixeron con senllos accésits. O madrileño Ken Niimura, que tamén participa nesta revista conseguiu tamén un destes galardóns na categoría de BD, ao igual que Félix Díaz e Jorge Parras, colaboradores do “Fanzine Enfermo”, que capitanea Alberto Vázquez.

Máis información no blog de Miguel Porto; ficha de Porto; ficha de Diego

Que che parece esta nova?
92 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Miguel Porto, Injuve, Diego Blanco, Culturagalega...