Logo de celebrar en 2019 a súa "edición de supervivencia" por mor da retirada do apoio do Concello de Ourense, o Festival Internacional de Teatro de Ourense enfróntase nestes 2020 a unha XIII xeira adaptada á pandemia de Covid-19. O Concello de Barbadás, onde o programa amplía as súas actividades, acolle na tarde deste 14 de outubro a inauguración do evento malia ás restricións á mobilidade que están as sufrir as dúas localidades. Primatium, un tropezo na carreira espacial, da compañía vasca Mono Habitado será a encargada de erguer o pano do festival ás 19:30 horas no CEIP Filomena Dato.
Segundo salienta Fina Calleja, directora do festival, no texto de presentación do mesmo, "desde o balance positivísimo da pasada edición á que nós mesmos e os medios de comunicación dimos en chamar unha edición de "resistencia", empurrados pola implicación da cidadanía pretendemos pór en pé un novo Fito que desexamos sexa de "efervescencia". Efervescencia fronte á resistencia, non é tan mala cousa". Este termo, segundo apunta, "remítenos ás inquedanzas e rebulir dos espíritus nunhas excepcionais circunstancias impostas pola actual crise sanitaria, pero tamén ao vigor e inconformismo da adolescencia que interpela constantemente ao mundo, buscando e reclamando de seu un espazo e un lugar; unha voz propia. Este novo FITO, que cumprirá trece escintilantes edicións, é o resultado do compromiso coas artes escénicas e cos cidadáns de Ourense, un compromiso que se mantén aínda que veñan "mal dadas"; aínda que, un ano máis, se lle negue o apoio da cidade que viu nacer a esta criatura cultural".
Á montaxe inaugural, que se repetirá o xoves 15, seguiranlle outras tres en Barbadás, Si esto es un hombre de Cámara Negra, O raro é que bailar sexa raro de Vacaburra Teatro e, o día 25, Ingenii machina de Alauda, a fechar o festival. Ademais, o evento que organiza Sarabela Teatro achegará a Ourense a coprodución de A Quintana co Centro Dramático Galego O Premio, o Poeta en Nova York 2.0 de Teatro Baixo a Area, Dreaming Juliet de Elefante Elegante, O Diaño na praia de Matarile, Despois das ondas de Butacazero e Chaika da compañía chilena-belga Belova Iacobelli. As funcións desenvolveranse en dúas quendas, entre o 14 e o 18 de outubro e entre os días 23 e 25.