San Simón acolle o Encontro Paraíso de artistas investigadores da danza

Reúne aos participantes nas Residencias Paraíso deste ano que presentan os seus proxectos

11/9/2025 | Santiago. Redacción | Seccións: Danza
47 lecturas | Compartido 0 veces

Este venres, 12 de setembro, e durante toda a fin de semana, a Illa de San Simón (Redondela) acollerá o Encontro Paraíso Illa San Simón. Esta cita anual do programa Residencias Paraíso de investigación e creación nas artes do corpo e do movemento reúne a todos os artistas participantes no programa Residencias Paraíso así como a numerosos profesionais convidados de dentro e fóra de Galicia. O encontro permite compartir os proxectos e os propios procesos artísticos de creación desenvolvidos durante o ano neste programa de danza contemporánea impulsado dende Colectivo RPM que conta co apoio da apoio da Xunta de Galicia e de varios concellos.
Este ano, no programa Residencias Paraíso participaron con oito proxectos coreográficos os artistas de Galicia Antón Yanguas; Suevia Rojo; Bal Castro; Isolda Comesaña e Rocío Bello xunto aos creadores estatais Javier Hernando; Euyín Eugene; Isabel do Diego; Natalia Fernandes e Marta Azparren. Estarán presentando o seu proxectos 'Lobes Salvaxes' tamén en San Simón Alba Casas & Adrián Riveiro. Este encontro é a primeira actividade cultural que ten lugar neste espazo tras da súa declaración oficial como Lugar da Memoria democrática.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
3 lugares identificados