Un total de seis proxectos de danza e artes do movemento recibirán o apoio do programa Residencias ParaÃso que convoca o colectivo RPM co apoio da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Concello de Santiago, Concello da Coruña, MIT de Ribadavia, Concello de Lugo e a Universidade da Coruña. Segundo explica a organización, trátase de producións "enormemente pertinentes -pola súa capacidade de traducir dende o sensible o común- e tremendamente reveladores da inmensa potencia da comunidade artÃstica vinculada ás artes vivas no noso territorio. Dende miradas ben distintas os seis artistas ParaÃso 2020 proxectan un horizonte tan interesante como necesario cara o que mirar".
Entre os proxectos seleccionados, Shelter do colectivo Ex Architectures, propón "unha investigación de corte experimental entre o teatro fÃsico, a arquitectura e a performance que pon en crise a idea de desarraigamento dende a perspectiva de catro artistas da xeración millenial europea". Manodura, pola súa banda, é o tÃtulo da montaxe na que Cris Vilariño e o andaluz Alberto Cortés tratan a adolescencia e a familia, mentres Teorema supón "unha proposta a cabalo entre a danza e a creación sonora, da man do creador Javier MartÃn", segundo explica a organización.
Canda a eles, desenvolverán as súas residencias no espazos que participan do programa O raro é que bailar sexa raro de Andrea Quintana, no que esta creadora cuestiona "o xénero e a disidencia, coa danza como práctica de resistencia". En Lugo fará a súa residencia o traballo sobre "a emoción dos sucesos que se converten en puntos de inflexión nas nosas vidas" que desenvolven Laura Villaverde, Raquel Espada e Megan Hanley en H/Ostia. Finalmente Laila Tafur realizará en Carne de canción unha investigación "entre o corpo e a composición musical" que "atopa no achegamento á cultura pop o espazo dende o que afondar no pensamento crÃtico e feminista".
Cada unha das propostas empregará as instalacións dos espazos participantes para desenvolver os seus espectáculos e contará cun apoio económico de entre 1.500 e 3.000 euros ata o total de 15.000 euros da convocatoria 2020. En total presentáronse ás Residencias ParaÃso un total de 62 proxectos. Félix Fernández e Alexis Fernández, do Colectivo RPM, e mais Davide González, Marta Alonso e Natalia Balseiro foron os responsables de realizar a selección.