O Colectivo RPM, de artistas contemporáneas da danza, as artes visuais e sonoras e a expresión corporal e o movemento, ven de facer a pública a convocatoria do programa piloto Residencias ParaÃso, de residencias artÃsticas de investigación e creación arredor da danza e as artes do movemento. Este programa créase grazas á colaboración coa Axencia Galega de Industrias Culturais e cos Concellos responsábeis dos seis espazos que acollerán as residencias neste primeiro ano: Teatro RosalÃa de Castro e Fundación LuÃs Seoane do Concello da Coruña; Auditorio Municipal do Concello de Ourense; Pazo da Cultura do Concello de Carballo; Pazo da Cultura de Narón; e Vello Cárcere do Concello de Lugo. Como programa piloto Residencias ParaÃso pretende ser un primeiro paso na construción dun programa xeral de impulso á danza en Galicia con vocación de permanencia.
Residencias ParaÃso abre convocatoria para 5 ou 6 proxectos en residencia cun importe de entre 2.500 e 3.000 euros cada un. A duración de cada residencia será de entre dúas e tres semanas e a convocatoria está aberta entre o 20 de xullo e o 13 de agosto de 2017. O Colectivo RPM ofrecerá un encontro informativo coas persoas interesadas na convocatoria o vindeiro xoves 27 de xullo ás 19 horas na Fundación Luis Seoane da Coruña. A convocatoria está pensada para fomentar a aparición de novos proxectos de creación, impulsar a formación de novas agrupacións de artes do movemento, así como alimentar as necesidades das compañías consolidadas do territorio galego durante os seus perÃodos de creación, entendendo por residencia artÃstica un espazo e un tempo dedicado á investigación ou creación e, polo tanto, sen obrigatoriedade de elaboración dun produto escénico concluÃdo.