Tres novos espazos e dous proxectos máis incrementan o alcance das Residencias ParaÃso, o programa de apoio á creación que desenvolven o Colectivo RPM e mais a Axencia Galega das Industrias Culturais. O Teatro Colón da Coruña, a Sala X da Facultade de Belas Artes de Pontevedra e a Sala AgustÃn Magán de Compostela son novos espazos que se suman ao programa e que completan a oferta do pasado ano, composta polo Teatro RosalÃa de Castro e a Fundación LuÃs Seoane na Cidade Herculina, o Auditorio Municipal de Ourense, o Pazo da Cultura de Carballo, o de Narón e mais o Vello Cárcere de Lugo. A convocatoria mantén no entanto o seu orzamento máximo en 18.000 euros.
O programa prevé apoiar ata oito proxectos de danza e artes do movemento que se desenvolverán entre marzo e novembro de 2018. Segundo explica na súa presentación, esta iniciativa "pretende fomentar a aparición de novos proxectos de creación, impulsar a formación de novas agrupacións de artes do movemento, asà como alimentar as necesidades das compañÃas consolidadas do territorio galego durante os seus perÃodos de creación. Enténdese por residencia artÃstica un espazo e un tempo adicado á investigación ou creación e, polo tanto, sen obrigatoriedade de elaboración dun produto escenico concluÃdo". Os participantes amosarán os seus traballos nunha xornada aberta o vindeiro 29 de novembro de 2018 na Sala AgustÃn Magán do Centro Sociocultural de Santa Marta en Santiago de Compostela. O prazo de presentación a esta convocatoria está aberto ata o 12 de febreiro de 2018.