A Axencia Galega das Industrias Culturais facía pública onte a listaxe de iniciativas que farán parte da segunda xeira do programa Residencias Paraíso. Esta iniciativa, que convoca a Agadic canda ao Colectivo RPM, achega nove espazos nos que oito proxectos de danza desenvolverán residencias artísticas de entre dúas e tres semanas de duración. Nesta ocasión os espectáculos seleccionados son Método negro, de Javier Martín, para o Teatro Colón da Coruña; Lo que sigue, de Cris Balboa, para a Sala Agustín Magán de Santiago; Voo, de Ánxela Blanco, na Fundación Luís Seoane da Coruña; Sobre o concepto do tempo, de Marco Antonio Regueiro Fariña, para o Auditorio Municipal de Ourense; LVZ, de Luz Prado, para o Teatro Rosalía Castro da Coruña; Metodoloxías carroñeras para corpos invertidos, de Gena Baamonde, para o Vello Cárcere de Lugo; Fío, de Laura Iturralde e Montse Piñeiro, para a Sala X da Facultade de Belas Artes de Pontevedra; e Status, de Federico Vladimir Strate Pezdirc e Pablo Esbert Lilienfeld, no Pazo da Cultura de Carballo.
A maiores, a comisión de selección, formada pola artista María Roja, Raquel Hernández, de Teatro Ensalle; Javier Cuevas, de Leal.Lav Tenerife; e Rut Balbís e Alexis Fernández, en representación do Colectivo RPM, acordou outorgarlle unha mención especial á compañía formada Laura Villaverde e Roi Fernández co seu proxecto Illas Desertas, co que estarán en residencia durante unha semana no Pazo de Cultura de Narón.